ABEIRO SOCIAL, S. COOP. GALEGA é unha cooperativa de traballo asociado de servizos sociais, dotada de plena personalidade xurídica e suxeita ás disposicións da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.
Porque cremos nos principios cooperativos: autonomía e independencia; educación, formación e información permanente; xestión democrática; protagonismo dos socios e interese pola comunidade.
Porque queremos unha fórmula de emprego de participación activa dos traballadores e socios.
Porque queremos ofrecer respostas flexibles ás necesidades do mercado no eido dos servizos sociais.
Porque ten gran capacidade innovadora, tanto na súa xestión, coma na organización, o financiamento...
Porque queremos achegar unhas solucións individualizadas e adaptadas ao medio concreto dos problemas colectivos.
E tamén...
Porque a fórmula cooperativa xera benestar social en dúas vertentes: ofrécelles saída laboral aos seus membros e crea un sentido de solidariedade cara a un mesmo e, especialmente, cara á poboación asistida.