A nosa experiencia profesional

Algunhas das actuacións, colaboracións e asistencias que realizamos

Nesta páxina podes ver algúns dos programas que desenvolvemos, os colectivos aos que atendemos e as actividades que realizamos.

En Abeiro Social contamos con profesionais que colaboran con estas entidades, en función de cada proxecto.

Experiencia Abeiro Social Cooperativa
Proxectos realizados | Abeiro Social SOciedade Cooperativa galega

Concello de Pontevedra (Área de Benestar Social)

Asistencia técnica para o reforzo dos programas básicos dos servizos sociais no ámbito da atención primaria ao longo de dous meses e medio (maio - xullo 2005).
Asistencia técnica: lanzamento da Oficina de Inmigración (Decembro 2005 - Febreiro 2006). Asistencia técnica para o reforzo dos programas básicos dos servizos sociais no ámbito da atención primaria ao longo de tres meses e medio (2006). Asistencia técnica para o reforzo do Proxecto de Mellora da Accesibilidade para persoas con mobilidade reducida ao longo de cinco meses (2008). Asistencia técnica para o reforzo na aplicación da Lei de Dependencia ao longo de nove meses (2008). Asistencia técnica para o reforzo dos programas básicos dos servizos sociais no ámbito da atención primaria ao longo de sete meses e medio (2009). Asistencia técnica para o reforzo na aplicación da Lei de Dependencia ao longo de nove meses (2009-2010). Asistencia técnica: Programa de apoio, colaboración e reforzo para adoptar medidas pola crise sanitaira da covid 19 nos Servizos Sociais (2020).

Actividades de formación permanente

Ao longo de todos estes anos de experiencia (2004-actualidade) desenvolvemos accións formativas para dar a coñecer e sensibilizar cara ao cooperativismo e dar a coñecer a nosa experiencia específica no eido dos Servizos Sociais. Tamén elaboramos proxectos: formativos, de equipamentos (centro de día), actividades de sensibilización.

Consellería de Sanidade

Consultoría e asistencia para a elaboración dun plan que garanta que se cumpren os tratamentos antituberculosos, no Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose (2004 ata a actualidade).

Concello de Santiago de Compostela (Concellaría de Promoción Económica)

Colaboración no proxecto de formación para persoas desempregadas: "proxecto PERSOA" (2006; 2009).

Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social

Colaboración profesional co colexio de traballadores sociais no marco da quenda de adopción internacional para as valoracións das familias solicitantes de adopcións internacionais (2007).

Deputación da Coruña

Servicio de atención e actividades de tempo libre para os menores do Fogar Infantil Emilio Romay ao longo dun ano (2008).